lunes, 4 de febrero de 2008

Convivencia Escolar: propuesta de trabajo

En esta presentación se realiza una propuesta para trabajar la Convivencia Escolar desde el trabajo desde las áreas transversales, realizando actividades con los alumnos e implicando a los diferentes sectores del Centro Escolar.

1 comentario:

Rego dijo...

A convivencia, entendéndoa como a capacidade que teñen as persoas para poder vivir xuntos, implica unha gran problemática nos centros educativos, xa que actualmente, esta convivencia vese afectada por distintos comportamentos do noso alumnado.

A convivencia educativa é un dos factores que afectan a calidade educativa, xa que unha mala convivencia, afecta de maneira considerable o clima educativo, entendendo por clima educativo tanto as relacións entre o profesorado e o alumnado como deste último entre si.

A maior problemática da convivencia atopámola na E.S.O. tendo unha gran importancia a escolarización de maneira obrigatoria do alumnado de 16 anos que maioritariamente se atopa desmotivado e obrigado a convivir nunha sociedade, o centro educativo, na que as normas non son aceptadas por eles e que non sempre están adecuadamente consensuadas. Ao mesmo tempo é importante ter en conta factores sociais así como a problemática socio-familiar de cada un deles.

Este aspectos súmanse as características dunha sociedade caracterizada por ser competitiva, sexista, tecnocrática, discriminatoria, insolidaria, violenta, baseada nunha economía acelerada e consumista. Ao mesmo tempo esta sociedade do século XXI transmite actitudes de individualidade, competitividade, consumo, intolerancia,... e valores como: o ter máis, o usar e tirar, gañar,... Todos estes aspectos negativos son tidos en conta, sendo necesaria a súa modificación, non soamente no mundo educativo senón tamén nos diferentes ámbitos sociais, xa que a escola atópase integrada dentro da sociedade, e esta non debe progresar de maneira illada.

En función destas premisas é importante traballar na consecución dunha convivencia en función de tres factores:

• O Caracter social: referidas fundamentalmente a medidas que van máis alá da escola destacando a importancia da participación de todos os axentes da Administración tanto Estatal, Autonómica e Local.

• O Caracter institucional. Referidas a importancia da convivencia escolar dentro da organización dos centros educativos como: a inclusión dentro dos P.E. e P.C.C., o establecemento de normas de convivencia claras no R.R.I., o desenvolvemento das Comisión de Convivencia dentro do Consello Escolar e a elaboración dos Plans de Convivencia nos que entre outros aspectos se articula a participación de todos os membros da comunidade educativa, a formación do profesorado, a organización de espazos e tempos, a atención a diversidade,...

• O Caracter individual, referidas fundamentalmente a medidas punitivas así como programas de integración social como os programas de habilidades sociais.


Sen embargo esquecémonos de algo fundamental, que a educación comeza e ten a súa base na familia e na etapa de educación infantil, sendo dita etapa onde debemos establecer as bases dunha adecuada convivencia. Hoxe en día é importante non só diagnosticar os problemas de convivencia dos centros educativos (unha prevención secundaria e terciaria, descubrindo e tratando os problemas para reducilos ao máximo e detelos ou retrasalos), senón que é preciso previr a aparición deles cunha prevención primaria.

Intentando reducir a problemática da convivencia créase en Galicia o Observatorio Galego da Convivencia no Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego da Convivencia Escolar. (DOG. 08/05/07) e o Plan de Convivencia Escolar, sendo as dúas iniciativas que a Xunta de Galicia pon en marcha a partir do curso 2007/2008 co obxectivo de mellorar a situación da convivencia escolar nas aulas. A partir dos mesmos créanse plans para a sensibilización, prevención e intervención nos casos de violencia escolar tendo unha vixencia de tres anos e tendo unha implicación tanto de tipo autonómico, provincial e do centro educativo.

Sen embargo e regresando a importancia da etapa da educación infantil onde os nenos e as nenas comezan a convivir é importante que estes docentes, ademais de ter en conta as características psicoevolutivas dos nenos e nenas de 3 a 6 anos, teñan en conta tres capacidades fundamentais que afectan directamente a convivencia escolar como son: a autoestima, entendo por autoestima a capacidade de aceptarse tal e como é cada un deles; o autocontrol, sendo o control sobre as propias emocións e a asertividade consistindo na capacidade para manifestar as súas opinións e defendo os seus dereitos fronte as presións dos demais.

Todos estes factores fan que a convivencia empece a ser un dos aspectos fundamentais na etapa infantil, fomentando e establecendo os temas transversais como eixo fundamental na vida diaria nas aulas, tendo en conta a vida cotiá dos nenos e nenas e utilizando elementos xeradores como os contos e os xogos, destacando a linguaxe como elemento básico da comunicación non sexista e atendendo a resolución de conflitos (establecendo as bases da vida democrática e solución de conflitos mediante o recordo das regras básicas de convivencia tanto na aula como do centro educativo) e a importancia da diversidade do alumnado.

José Manuel Rego García.
RegoJM@edu.xunta.es